León e Olvido |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

León e Olvido
León e Olvido son irmáns mellizos e orfos. León ten síndrome de Down. Olvido, cuxas relacións sentimentais non van nada ben, tivo que deixar os estudos e porse a traballar. León pretende acaparar as atencións da súa irmá. Os sentimentos que os unen e enfrontan son moi intensos por ambas partes até que un día aparece nas súas vidas Damián. DVD dispoñible no CGAI.

Palmarés: Estreada en salas de España, Francia e Suíza. Recibiu once premios en festivais internacionais e tres en certames estatais. Dous dos premios internacionais fóronlle outorgados no festival Karlovy Vary, ao mellor director e á mellor actriz. Premio do público no X Festival Internacional de Cine de Atenas (2004). Premios á mellor actriz (Marta Larralde) e ao mellor guión (Xavier Bermúdez) no Festival de Cine Español de Toulouse (2004). Premio ao mellor director (Xabier Bermúdez) e á mellor actriz no Festival Internacional de Cine de Ourense (2004). Marta Larralde recibiu o premio á mellor actriz no festival internacional de cine independente PÖFF 2004 (Tallinn, Estonia 2004) e no mesmo certame Xavier Sánchez Bermudez gañou o galardón do xurado pola realización deste filme. O filme gañou en 2005 o premio especial do xurado no festival de Málaga.

Ficha artística
Dirección: / Xavier Bermúdez
Dirección artística: / Rodrigo Roel
Dirección fotografía: / Alfonso Sanz Alduán
Guionista: / Xavier Bermúdez
Intérpretes: / Nerea Barros / Mighello Blanco / Amalia Gómez / Guillem Jiménez / Marta Larralde / Rebeca Montero / Gary Piquer / Laura Ponte / David Seijo / Jaime Vázquez
Montaxe: / Javier Alberto Correa Harley
Música: / Coché Villanueva

 

Ficha técnica
Emisión ou proxección / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / El Paso P.C. / Televisión de Galicia (TVG) / Xamalú Filmes, S.L.
Sonorización, locución e dobraxe / Son do Tagalem SLU

Titulo orixinal: León y Olvido
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 112'
Orixe: España
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés
Dobrada: Galego
Orzamento: 1.200.000 €
Recadación: 70.727 €
Espectadores: 15.423

vIDEOS | VER todos os videos de León e Olvido  (1)

Galería de imaxes | VER AS 4 fotos de León e Olvido

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org